A Lama únese solidariamente na Operación Quilo
Por Redacción
A Lama converteuse nun espazo solidario durante este domingo coa celebración da Operación Quilo en dous escenarios, o campo municipal de Racelo e no concerto de Nadal, que contaba coa participación da Banda de Música de Cerdedo e da Banda de Gaitas Os Catro Ventos.
O concerto solidario contaba tamén coa intervención do cantautor Xosé Iglesias, ex compoñente de Fuxan Os Ventos e tamén de integrantes da agrupación de Protección Civil Oitavén-Tea, que explicaron a súa actividade social.
Os alimentos recadados destinaranse a familias usuarias dos Servizos Sociais do Concello da Lama e ao comedor social de San Francisco, en Pontevedra; unha doazón xa tradicional.
Ao acto asistía o tenente de alcaldía David Carrera e os concelleiros Daniel Vidal e Francisco Pérez., que agradeceron á veciñanza o seu apoio a esta causa para potenciar o banco local de alimentos da Lama.