Capturan un rodaballo xigante, de máis de 8 quilos de peso, na contorna de Ons
Por Redacción
Este luns a embarcación 'Playa de Sanxenxo' lograba capturar un espectacular exemplar de rodaballo de máis de 8 quilos de peso. O barco faenaba a unhas 7 millas fóra de Ons cando localizaba a este peixe a 94 metros de profundidade.
O exemplar foi adquirido polo restaurante Casa Román para servir durante estas datas de ano novo. O barco do porto de Sanxenxo redondeaba a xornada de pesca deste luns coa captura doutro rodaballo de tamaño considerable, que superaba os cinco quilos e medio.
A mellora do tempo despois das condicións adversas durante as primeiras semanas de decembro permitiron que mellorasen as capturas durante estes últimos días, unha situación que se comproba nos mercados de abastos.