Unha condutora bébeda sofre un accidente ao chocar cun turismo estacionado en Estribela
Por Natalia Puga
A Policía Local de Pontevedra denunciou e remitiu ao xulgado o comportamento dunha condutora que durante a madrugada deste primeiro día do ano 2020 tivo un accidente en Estribela cando conducía bébeda.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, o accidente rexistrouse ás 7.20 horas deste 1 de xaneiro na avenida Montero Ríos. Unha muller de 30 anos que conducía un turismo impactou contra outro vehículo estacionado no lugar.
Os axentes someteron á condutora á proba de consumo de alcol e deu un resultado positivo de 0,60 miligramos de alcol por litro de aire expirado, polo que sería autora dun delito contra a seguridade viaria e a Policía instruíu dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Garda.
Durante a madrugada de Noitevella os axentes da Policía Local realizaron dous controis estáticos de alcoholemia nos que controlaron 152 coches e tan só detectaron un condutor que estaba baixo os efectos do alcol.
O primeiro control realizouse entre as 02:30 e 3:30 na rúa Pai Gaite. Os axentes controlaron 85 vehículos e soamente detectaron un positivo, de 0,48 miligramos de alcol por litro de aire expirado
O segundo control realizouse entre as 6.00 e as 7.00 horas na avenida de Bos Aires. Entre os máis de 67 vehículos controlados non houbo ningún positivo.
Relacionadas:
-
Case medio cento de condutores deron positivo por alcohol ou drogas en Fin de Ano
Por Redacción |
-
Mobilizan a policías e bombeiros porque se lle quedou un brazo atrapado en Valle Inclán
Por Redacción |
-
Pretende terminar o ano cun festín de lagostinos, centola e costeleta de tenreira e facer un 'simpa'
Por Natalia Puga |
-
Un ferido por agresión e cinco atendidos por intoxicacións etílicas, balance da Noitevella
Por Natalia Puga |
-
Xabi, un fillo buscado e esperado que se adiantou 20 días para ser o primeiro bebé do ano en Pontevedra
Por Natalia Puga & Diego Torrado | Creada e actualizada