Festa ata o amencer en Ponte Caldelas
Por Redacción
A gran Festa de Fin de Ano promovida polo Concello de Ponte Caldelas e amenizada pola orquestra Gran Parada foi todo un éxito de participación e prolongouse ata preto das sete da mañá.
Como xa é habitual, a festa celebrouse na Praza de España, onde se instalou unha carpa na que a partir da unha da madrugada bailaron e festexaron o novo ano veciños de Ponte Caldelas e de toda a comarca.
Este é o quinto ano que se celebra este evento gratuíto en Ponte Caldelas, que é xa unha referencia para a veciñanza, que quere gozar dunha noite especial acompañada de amigos e veciños no seu propio concello.