Un séquito real de 650 persoas acompañará os Reis Magos en Vilagarcía
Por Redacción
Este domingo 5 de xaneiro, Vilagarcía contará coa visita real de Melchor, Gaspar e Baltasar que estarán acompañados por 650 persoas, que formarán parte da comitiva do desfile que percorrerá as rúas da vila a partir das 19.00 horas.
Previamente ao paseo pola cidade, as súas Maxestades visitarán aos maiores da residencia 'Divina Pastora' e o convento de Vista Alegre con agasallos.
Durante a cabalgata van repartirse 3.500 quilos de caramelos sen glute. Participarán doce asociacións do municipio neste acto: as ANPAS dos colexios da Escardia, San Francisco, Filpense, Doutor Flemin-Anexo A Lomba, Piñeiriño e Casanova-Rubiáns; ademais das asociacións O Noso Lar, Os Remolóns e O Souto, xunto coas agrupacións musicais dos colectivos Mar de Arousa e Lumarada que, ademais de gaitas, levarán grupos de bombos. Tamén participarán os alumnos do Centro de Educación Especial que farán o percorrido a bordo dun autobús de época. E non faltará a Banda de Música de Vilagarcía tocando as tradicionais panxoliñas para amenizar a festa. Van instalarse dúas plataformas para facilitar a visibilidade de persoas con mobilidade reducida.
A cabalgata partirá da praza da II República, xunto ao Auditorio, para dirixirse á avenida da Mariña, avanzando por Doutor Tourón e Edelmiro Trillo ata chegar aos xardíns de Ravella onde os tres reis visitarán o Belén vivinte. O acto rematará no Salón Nobre da Casa do Concello, antes de que as súas maxestades comecen as visitas a cada domicilio.
Relacionadas:
-
Os Reis Magos visitarán todas as aldeas de Campo Lameiro antes da recepción no pavillón
Por Redacción |
-
Maratón real para despedir o Nadal en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Marín ultima os preparativos para a cabalgata dos Reis Magos
Por Redacción |
-
Os Reis Magos máis madrugadores, de novo en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Así será a cabalgata dos Reis Magos en Pontevedra
Por Redacción |