Así será a cabalgata dos Reis Magos en Pontevedra
Por Redacción
A cidade prepárase para recibir a visita dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán a Pontevedra o próximo domingo 5 de xaneiro, horas antes de repartir os seus agasallos.
O Pazo de Mugartegui acollerá, ás 11.00 horas, a tradicional recepción oficial. Ata alí irán, desde quince minutos antes, en comitiva polas rúas Michelena, Peregrina, paseo Antonio Odriozola, Pasantería, Sarmiento, César Boente, praza da Pedreira e Mugartegui.
Tras un breve descanso para comer, as súas maxestades de Oriente sairán en cabalgata polas rúas da cidade. Será a partir das seis da tarde e discorrerá horas polas rúas José Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, praza da Peregrina, Michelena, praza de España e Alameda.
Nela, repartirán 1.500 quilos de caramelos aptos para celíacos. Os Reis Magos irán acompañados dunha trintena de carrozas, agrupacións e grupos de animación. Toda a súa decoración está xa moi avanzada.
Así, ademais das respectivas carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar, a cabalgata contará coa animación da charanga Airiños de San Martiño, da agrupación Dúos Pontes, do grupo folclórico Boa Vila, de Os Afoutes do Canón de Pau, do Apalpador, dun grupo de cabalería ou dos bombeiros.
Entre os motivos infantís, haberá espazo para unha carroza veneciana, para o soldadiño de chumbo e as súas bailarinas, para a galiña dos ovos de ouro, para un bosque animado, para un grupo de pastores, para os ratos chocolateiros ou para personaxes de Frozen e Transformers.
Haberá ademais camelos, carboeiros, varias mascotas, unha carroza para a raíña do Nadal ou para comitivas que festexarán o novo ano cun brinde de alegría.
Relacionadas:
-
A cabalgata dos Reis Magos percorre Pontevedra horas antes dunha noite máxica
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
A ilusión dos máis pequenos dispárase coa chegada a Pontevedra dos Reis Magos
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Activan o dispositivo de tráfico para a cabalgata dos Reis Magos
Por Redacción |
-
Os Reis Magos adiantan a súa visita para agasallar bonecos aos nenos ingresados no Provincial
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Marín ultima os preparativos para a cabalgata dos Reis Magos
Por Redacción |
-
Os Reis Magos máis madrugadores, de novo en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Un séquito real de 650 persoas acompañará os Reis Magos en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Os Reis Magos farán o seu percorrido por Poio en coches eléctricos
Por Redacción |