Marín, Poio e Cerdedo-Cotobade estrean tendas de atención ás emerxencias
Por Redacción
Oito concellos da provincia, entre eles Marín, Poio, Cerdedo-Cotobade ou Vilagarcía de Arousa, contan desde este xoves con novo material para atención ás emerxencias. En concreto, trátase de tendas de campaña nas que poder atender os cidadáns.
Este material foi entregado aos respectivos alcaldes e alcaldesas polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que estivo acompañado acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís
As tendas, que serán utilizadas polas agrupacións de Protección Civil, son de fácil transporte e montaxe e desmontaxe, xa que ocupan unha superficie de 16 metros cadrados e teñen unha altura máxima de 2,47 metros.
Tamén contan cunha estrutura reforzada de aluminio anodizado e lona de poliéster impermeable e teñen a opción para instalar focos LED, xunto con catro tomas de corrente.
Alfonso Rueda destacou a importancia de que os efectivos de emerxencias conten co material axeitado que lles permita levar a cabo o seu traballo con seguridade e ofrecer unha resposta eficaz ante calquera intervención.
Relacionadas:
-
Nova embarcación de salvamento e rescate para Protección Civil de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Protección Civil recibe un remolque que axilizará as súas intervencións en situacións de emerxencia
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
A variedade do traballo policial, ante 4.000 escolares de Pontevedra e Marín
Por Redacción & Cristina Saiz |