Os Reis Magos máis madrugadores, de novo en Ponte Caldelas
Por Redacción
Como vén sendo habitual, os Reis Magos chegarán a Ponte Caldelas un día antes que ao resto dos municipios da provincia. Melchor, Gaspar e Baltasar pasearán en carroza pola vila e recibirán aos nenos na carpa da Praza de España o sábado 4 de xaneiro.
A cabalgata percorrerá as rúas da vila a partir das 18.00 horas. Melchor, Gaspar e Baltasar estarán acompañados no desfile dos grupos A Pandilla de Ponte Caldelas e Os Máis Mellores de Xustáns, ademais de sete vehículos clásicos do Club AVA.
Ao rematar a cabalgata, os Reis Magos recibirán a todos os nenos na carpa que o Concello de Ponte Caldelas instalou da Praza de España e terán un doce agasallo para cada un deles.
Ademais, todas as persoas que acudan ata Ponte Caldelas poderán gozar dun chocolate con rosca gratuíto que se servirá na propia carpa.
A cabalgata de Reis está organizada polo Concello de Ponte Caldelas en colaboración con Coempo e con tres asociacións de mulleres rurais: Verdugo, Xustáns e Taboadelo.
Relacionadas:
-
Vehículos clásicos para que os Reis Magos cheguen a todos os lugares de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Tres 'seiscentos' achegarán aos Reis Magos ata A Lama
Por Redacción |
-
Os Reis Magos visitarán todas as aldeas de Campo Lameiro antes da recepción no pavillón
Por Redacción |
-
Maratón real para despedir o Nadal en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Marín ultima os preparativos para a cabalgata dos Reis Magos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas reparte cheques a familias sen recursos para comprar os agasallos de Reis
Por Redacción |
-
Así será a cabalgata dos Reis Magos en Pontevedra
Por Redacción |
-
Un séquito real de 650 persoas acompañará os Reis Magos en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Os Reis Magos farán o seu percorrido por Poio en coches eléctricos
Por Redacción |