Ponte Caldelas reparte cheques a familias sen recursos para comprar os agasallos de Reis
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas pon en marcha unha campaña de entrega de cheques de 50 euros a familias con fillos menores de 18 anos para axudar á comprar dos agasallos de Rei. A través desta iniciativa, 37 menores de 18 familias vulnerables poderán gozar do Nadal.
Os beneficiarios deste programa municipal poderán trocar o seu cheque en once establecementos da vila nos que poderán atopar roupa, calzado, xoguetes, libros e moitas máis opcións
Os vales serán entregados este venres polo alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que pretende, desta forma, mostrar a súa implicación con todas aquelas familias do concello que están a atravesar un mal momento e teñen necesidades económicas. O orzamento que destina o goberno local a esta campaña é de 1.850 euros.