90 mil euros para resolver os problemas de iluminación provocados polos temporais de decembro
Por Redacción
Os temporais e borrascas durante o mes de decembro provocaron problemas nas liñas eléctricas en diversos puntos do municipio. Este venres, o concelleiro Alberto Oubiña informaba de que se pon en marcha unha intervención por parte da empresa de iluminación SETGA por unha cantidade de 90.000 euros para resolver os problemas de iluminación pública.
Parroquias como Ponte Sampaio, Tomeza, Salcedo, Verducido, Marcón, Areás en Mourente ou Tomeza, entre outras, sufriron en distintas zonas dificultades na iluminación.
Segundo explicaba o concelleiro, nalgúns puntos actuouse inicialmente polos servizos eléctricos municipais que realizaron reparacións de urxencia pero de maneira provisional. Oubiña indicou que as actuacións que acometerá SETGA terán como obxectivo recuperar o funcionamento normal do servizo de iluminación pública.
Agradeceu a paciencia das persoas que sufriron esta situación e sinalou que se espera que no prazo de dez días poidan estar liquidadas todas as dificultades.