Marín ultima os preparativos para a cabalgata dos Reis Magos
Por Redacción
Os preparativos para decorar as carrozas que acompañarán aos Reis Magos na súa cabalgata por Marín están a apurarse estes días. Todo ten que estar a punto para que Melchor, Gaspar e Baltasar suban nelas o próximo domingo, a partir das seis da tarde.
A cabalgata seguirá o seu percorrido habitual polas rúas máis céntricas de Marín, pero desde unha hora antes haberá un festival na Casa de Cultura de Carballido-Ardán.
Ao rematar, poderá visitarse o belén vivinte na carpa do Parque Eguren, onde tamén estarán as súas maxestades de Oriente.
Ás 12.00 horas do día 5 de xaneiro chegará o Carteiro Real á Alameda, onde haberá animación infantil para os máis pequenos da casa.
Finalmente, ás 21.00 horas e para despedir o día, a Praza 8 de Marzo acollerá o sorteo dun xamón da Mostra de Reis, organizado pola Asociación de Artesáns Galaecia.
Pero antes desta esperadísima visita, os máis pequenos da casa teñen dúas citas co Cine de Nadal este sábado día 4 de xaneiro.
Por unha banda, ás 18.00 horas, proxectarase no Cine Seixo a película El reino de los elfos, unha actividade con entrada libre ata completar aforo e que está organizada pola Asociación de Comerciantes de Seixo. Ademais, ás 19.00 horas proxectarase na biblioteca municipal a película Dumbo, tamén con entrada libre.
Relacionadas:
-
Tres 'seiscentos' achegarán aos Reis Magos ata A Lama
Por Redacción |
-
Os Reis Magos visitarán todas as aldeas de Campo Lameiro antes da recepción no pavillón
Por Redacción |
-
Maratón real para despedir o Nadal en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Os Reis Magos máis madrugadores, de novo en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Así será a cabalgata dos Reis Magos en Pontevedra
Por Redacción |
-
Un séquito real de 650 persoas acompañará os Reis Magos en Vilagarcía
Por Redacción |