Marín amplía ata o 20 de xaneiro o prazo para optar a unha horta urbana
Por Redacción
O Concello de Marín amplía o prazo de presentación de solicitudes para acceder a unha das hortas urbanas ecolóxicas do Sequeño ata o 20 de xaneiro. Con estes cambios, o sorteo para adxudicar as parcelas atrásase ata o 27 de xaneiro ás 12 horas no Salón de Plenos.
Unha das novidades deste novo proceso de adxudicación de leiras, que sempre xera un gran interese por parte dos veciños, é que a cesión pasará a ser de catro anos, en lugar de dous como viña facendo ata o de agora.
No bombo estarán 71 parcelas que se repartirán do seguinte modo: 40 para persoas xubiladas ou pensionistas, 15 para persoas en paro sen prestación económica, 12 para os veciños e 4 para persoas con discapacidade ou intolerancias químicas.
Debido á alta demanda, o Concello só aceptará unha solicitude por cada dirección de empadroamento. No caso de que algún dos adxudicatarios xa dispoña dunha parcela, poderá seguir explotando o mesmo terreo e se algún dos grupos antes citados non se chega a completarn sortearanse as vacantes entre o resto de persoas doutros grupos.
A instancia e toda a documentación pertinente se prentarán no Rexistro Xeral do Concello.
Relacionadas:
-
Na segunda quincena de decembro ábrese o prazo para solicitar unha horta urbana en Sequelo
Por Redacción |
-
Arranxos en Sequelo e na Cañota
Por Redacción |
-
As 71 hortas urbanas de Marín, por sorteo
Por Redacción |
-
Nova oportunidade para cultivar nas hortas urbanas do Sequelo
Por Redacción |
-
Adxudicadas as hortas urbanas do Sequelo
Por Redacción |