O si do BNG a Sánchez inclúe a reforma do nó de Bombeiros e a transferencia da AP-9 a Galicia
Por Alejandro Espiño
Texto íntegro do acordo entre BNG e PSOE para a investidura de Pedro Sánchez
O BNG apoiará a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno. Farao despois de chegar a un acordo co PSOE, rubricado onte á noite, no que se inclúen varios compromisos que afectarán de cheo á comarca de Pontevedra.
O pacto, selado en Madrid por Ana Pontón e a portavoz socialista Adriana Lastra, supoñerá para Pontevedra o desbloqueo da reforma do nó de Bombeiros, o acceso norte á autoestrada AP-9, co que busca mellorar a mobilidade desta área urbana.
Pero foi precisamente a AP-9 a protagonista destas negociacións. Tal e como esixían os nacionalistas, Sánchez comprométese aprobar no Congreso a transferencia da autoestrada a Galicia e asumir, a través dun sistema de compensacións, a rebaixa da peaxe.
O custo desta rebaixa, que correrá a cargo dos orzamentos do Estado, garantirá como mínimo a bonificación do 100% da peaxe para usuarios recorrentes que circulen pola AP-9 polo menos dúas veces ao día, tanto particulares como profesionais, todos os días da semana.
Ademais, aprobarase a gratuidade do tramo entre Vigo e Redondela e establécese o compromiso de non repercutir sobre os usuarios, durante os catro anos de lexislatura, a subida acordada con Fomento, entre outras cuestións, pola ampliación de Rande.
O acordo permitirá avanzar na modernización das infraestruturas ferroviarias, entre elas a conexión da provincia de Pontevedra co norte de Portugal; e incluír aos portos pontevedreses no Corredor Atlántico para o transporte ferroviario de mercadorías.
O futuro goberno PSOE-Podemos abordará ademais o saneamento e a rexeneración das rías galegas e, neste sentido, cítase expresamente que o executivo central maniféstase a favor do traslado de ENCE a outro enclave galego máis adecuado desde o punto de vista ambiental, a través dunha fórmula que permita manter o emprego.
Tamén asegurará o cumprimento por parte de Elnosa das súas obrigacións en relación coa reversión dos terreos que foron obxecto de concesión en Lourizán, para garantir a súa limpeza e posterior recuperación no ano 2020.
BNG e PSOE acordaron, noutra orde de cousas, medidas para protexer a minería, o sector do aluminio, a industria naval ou os proxectos empresariais afectados pola transición ecolóxica, ampliar o número de xulgados de violencia de xénero en Galicia ou evitar que as prestacións dos emigrantes retornados sufran unha dobre tributación.
Estudar posibles compensacións a comunidades que, como Galicia, son produtoras eléctricas para abaratar a factura, normalizar o uso do galego na administración e respectar a toponimia, recuperar horas de programación en galego en RTVE ou facilitar que as televisións portuguesas póidanse ver en Galicia son outros dos compromisos.
Por último, o goberno de Pedro Sánchez acepta avanzar na transferencia de novas competencias e garante que calquera modificación da estrutura territorial do Estado asegurará a Galicia o mesmo status de País Vasco e Cataluña.
Relacionadas:
-
Os populares preguntan ao Goberno pola reforma do nó de bombeiros: "Debería estar en marcha"
Por Redacción |
-
O BNG do Morrazo mobilízase para reclamar que o Goberno central libere a AP9
Por Redacción |
-
O alcalde Lores pide apoio ao presidente Sánchez para "liberar" á ría de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
A petición do PP de gratuidade da autoestrada AP-9 entre Pontevedra e Curro debatirase no pleno do luns 20
Por Anxo Lourido |
-
Carmela Silva, "encantadísima" coas mulleres que ocuparán tres das catro vicepresidencias do goberno de Sánchez
Por Redacción |
-
O PP pide ao BNG que aproveite este "momento histórico" e reclame a liberalización da peaxe de Curro
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local cre que o PP de Pontevedra debería "aplaudir" o acordo de investidura do BNG e o PSOE
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello solicita unha entrevista ao presidente Pedro Sánchez para abordar a "Axenda Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Lores pon 'deberes' a Sánchez: A-57, tren de cercanías ou nó de Bombeiros, entre as prioridades
Por Alejandro Espiño |