Os Reis Magos adiantan a súa visita para agasallar bonecos aos nenos ingresados no Provincial
Por Redacción & Cristina Saiz
Os menores ingresados no Hospital Provincial por estas datas recibiron este venres unha visita que, non por esperada, foi menos emotiva. Melchor, Gaspar e Baltasar pasaron polas súas habitacións para felicitarlles o ano novo e entregarlles algúns agasallos.
Nesta ocasión, foron cargados cos bonecos artesanais que, durante os últimos meses, teceron uns máxicas paxes na tenda 'Pepa y Punto' da rúa Loureiro Crespo.
Eles mesmos deron as últimas puntadas a algúns destes bonecos, elaborados con la e trapo, unha das especialidades do taller deste establecemento.
Tras recoller os bonecos, os Reis Magos chegaron a pé ao centro hospitalario e foron repartindo os seus agasallos a unha trintena de ilusionados nenos que, por un motivo ou outro, pasan estes días na habitación de hospital.