Tres 'seiscentos' achegarán aos Reis Magos ata A Lama
Por Redacción
Os Reis Magos chegarán moi cedo á Lama e compartirán este domingo cos cativos do municipio unha gran chocolatada con rosca que se servirá a partir das 11:30 horas da mañá no edificio de usos múltiples, onde terá lugar a recepción oficial ás Súas Maxestades de Oriente.
Durante os últimos días, os paxes reais percorreron todos os lugares e parroquias do municipio visitando os respectivos centros socioculuturais para ler un edicto sobre a chegada das súas maxestades e recoller as cartas que previamente o Concello fora repartindo entre os nenos.
Despois de almorzar cos Reis Magos, os asistentes terán a ocasión de entregarlle as derradeiras cartas en man a Melchor, Gaspar e Baltasar.
Ademais, poderán comentar con eles todo o acontecido durante o pasado ano para xustificar un bo comportamento que lles permita contar coa complicidade dos viaxeiros de Oriente e se cumpran os seus desexos.
Tanto os paxes reais como os Reis Magos chegarán á Lama a bordo dos seus respectivos míticos Seat Seiscentos envoltos nunha maxia especial para asistir con puntualidade á recepción oficial para, posteriormente, proseguir a súa xira por todas partes.
Relacionadas:
-
Os Reis Magos comparten cos cativos da Lama unha chocolatada con rosca
Por Redacción |
-
Os Reis Magos visitarán todas as aldeas de Campo Lameiro antes da recepción no pavillón
Por Redacción |
-
Marín ultima os preparativos para a cabalgata dos Reis Magos
Por Redacción |
-
Os Reis Magos máis madrugadores, de novo en Ponte Caldelas
Por Redacción |