O PP de Poio pide un pleno extrardinario sobre o IBI en "horario de tarde"
Por Oskar Viéitez
O portavoz do Partido Popular de Poio, Ángel Moldes, solícitalle o alcalde, Luciano Sobral que convoque o Pleno Extraordinario solicitado polos populares "para rexeitar á subida do imposto do IBI e das plusvalías".
Ángel Moldes ínstalle ao alcalde a que "non sexa cobarde" e que convoque ese Pleno Extraordinario "á hora que establece o Reglamento Municipal para os Plenos que é ás 19.30 horas e que non o convoque pola mañá"
Os populares lembran que un dos puntos do pacto asinado por BNG, PSOE e Avante Poio era que o seu goberno estaría basado na transparencia, na participación cidadá e na rexeneración política e por iso o PP reclama que o Pleno se celebre pola tarde "para que deste xeito poida asistir a xente que quera e poida conciliar coa familia e co traballo".
Ángel Moldes cre que a subida do IBI que "é un tema o suficientemente importante como para que toda aquela veciña ou veciño que queira asistir ao Pleno solicitado polo grupo popular para rexeitar e frear esta subida poida vir, escoitar e presenciar o debate que se suscite", conclúe o portavoz popular.