A Xunta sinalizará o paso de peóns na PO-308 ao seu paso por Chancelas
Por Oskar Viéitez
A Xunta reforzará nos vindeiros días a seguridade viaria dos peóns na estrada PO-308, ao seu paso polo núcleo de Chancelas.
Concretamente, instalaranse elementos de sinalización que advirtan aos condutores do cruce de peóns nesa zona da estrada autonómica PO-308.
A Consellería de Infraestruturas sinala que esta será unha "actuación inmediata" co fin de "darlle de xeito áxil unha solución ás demandas trasladadas polos veciños".
Engade a Consellería que "estas medidas complementaranse posteriormente" coas obras de mellora de seguridade viaria recollidas no proxecto de actuación entre Fontenla e Combarro, que se someteu a información pública o pasado 11 de decembro.
Ademáis a Xunta de Galicia sinala que tamén redundará no incremento de seguridade dos peóns, a senda peonil que se proxecta construír nesta contorna.
Relacionadas:
-
A Xunta adxudica o proxecto para instalar un paso de peóns con semáforo en Chancelas
Por Redacción |
-
Chancelas reforzará a súa seguridade peonil coa instalación dun paso de peóns con semáforo
Por Redacción |
-
Poio pide á Xunta unha nova rotonda no núcleo de Combarro
Por Redacción |
-
A Xunta analiza cos veciños de Chancelas a instalación dun paso de peóns na PO-308
Por Oskar Viéitez |
-
Dúas rotondas e pasos de peóns, propostas da Xunta para mellorar a seguridade na PO-308
Por Redacción |