Alertan do "risco" que suporá que peóns e ciclistas compartan a senda entre Major e Portonovo
Por Oskar Viéitez
O grupo do Partido Socialista no Concello de Sanxenxo comunicou que "varios colectivos contactaron con nós para queixarse da situación e advertir dos riscos que implica ter un único carril" na senda peonil e ciclista na PO-308, entre Major e Portonovo.
A portavoz municipal do PSDG- PSOE de Sanxenxo, Ainhoa Fervenza, asegurou que instará ao alcalde, Telmo Martín a que "esixa á Xunta de Galicia a execución do proxecto coas garantías e servizos prometidos".
A concelleira socialista criticou tamén a xardineira que separa o paseo da estrada que, segundo dizo "non é a mellor barreira de protección, por non preguntar quen se vai facer cargo de coidala".
Para Ainoha Fervenza esta senda non vai ser segura "xa que peóns e ciclistas terán que circular polo mesmo espazo; e aínda menos será sostible, a non ser que o señor Martín vaia cunha regadeira coidando a vexetación da mediana", sentenciaba a socialista.