Podcans arrinca o novo ano con invitados no estudo de PontevedraViva Radio. Volven Roberto Díaz e Fátima Otero da asociación educativa AECAM, entidade radicada en Pontevedra, con actividade en Galicia e dedicada ao coidado da flora e fauna máis próxima e o benestar dos animais en catividade.
Preséntase "un ano de moito traballo e concienciación" di Fátima. Continúan co plan formativo para centros educativos que inclúe dez actividades diferentes; talleres de caixas niño, da cadea alimenticia, hortos ecolóxicos, abellas, sementes; exposicións, etc... así como novos proxectos que esperan saian adiante este ano.
AECAM está a desenvolver un ciclo de charlas en colaboración co Concello de Pontevedra co obxectivo de acadar unha tenencia responsable de animais. Convocatorias nas que participa o educador canino de Podcans, Diego Álvarez. Dado que se expoñen como charlas coloquios, buscan ademais de informar e aconsellar, a participación dos asistentes. A seguinte será o domingo 19 de xaneiro, ás 17.00 horas na Casa Azul. A entrada é gratuíta, pero con prazas limitadas, polo que hai que facer unha inscrición previa.
Falarán da alimentación de cans, coellos, cobaias, chinchillas e papagaios "que son os animais sobre os que máis información demándannos", sinala Roberto. Lembran que é fundamental estar perfectamente informados sobre o animal que se queira ter en casa porque unha decisión sen coñecemento do mesmo pode terminar en prexuízos para a súa vida ou no abandono.
Diego Álvarez ademais, fai as súas recomendacións habituais e trae a Channel, unha cadela que require adopción e atópase nas instalacións de Tu eres nuestra ayuda en Vigo. É unha femia de 18 meses, catalogada como PPP, sociable con persoas e outros cans, enérxica e juguetona. Está esterilizada, vacinada, chipeada e con seguro.