O PP pide ao BNG que aproveite este "momento histórico" e reclame a liberalización da peaxe de Curro
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Pontevedra reclama ao BNG que aproveite este "momento histórico" para conseguir que o Goberno central libere de peaxe o tramo da autoestrada AP-9 entre Pontevedra e Curro, que supón a conexión da capital da provincia coa vía rápida do Salnés.
O portavoz do PP local, Rafa Domínguez anunciou este venres nun almorzo informativo que o seu partido presentará unha moción para o seu debate no Pleno municipal do próximo 20 de xaneiro na que demandará a "abolición del peaje".
Segundo dixo Rafa Domínguez "entiendo que ahora mismo el BNG está en una situación de poder tener cierta influencia dentro del Gobierno nacional".
Os populares esperan que a súa moción sexa aprobada de maneira "unánime" xa que esta liberalización da peaxe supoñería "muchos beneficios a la ciudad de Pontevedra". Entre outros, sinalou que o eixo industrial do polígono de Barro redundará nunha melloría para todas as empresas que alí están instaladas.
Ademais citou outras vantaxes como que os residentes na comarca do Salnés terían máis facilidades para vir á capital e, en terceiro lugar, enumerou que esta medida "reduciría de forma muy importante el tráfico de la carretera de Vilagarcía".
Rafa Domínguez espera que "el BNG de Pontevedra puede aprovechar este momento histórico para hacer que el peaje Pontevedra-Curro desaparezca, beneficiando a los pontevedreses de una forma importante".
"Creo que el alcalde Lores tiene fuerza suficiente para exigir que en este nuevo acuerdo que pueden presentar con el Gobierno se aborde la abolición completa del peaje Pontevedra-Curro", dixo o portavoz local do PP.
Relacionadas:
-
Domínguez propón unha fronte común para reclamar que a AP-9 sexa gratis entre Pontevedra e Curro
Por Alejandro Espiño |
-
BNG e PSOE rexeitan a "ocurrencia" do PP de liberar agora a peaxe entre Pontevedra e Curro
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
A petición do PP de gratuidade da autoestrada AP-9 entre Pontevedra e Curro debatirase no pleno do luns 20
Por Anxo Lourido |
-
O BNG agradece a Rafa Domínguez que confíe en Néstor Rego e ofrécelle reunirse con el
Por Alejandro Espiño |
-
O goberno local cre que o PP de Pontevedra debería "aplaudir" o acordo de investidura do BNG e o PSOE
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello solicita unha entrevista ao presidente Pedro Sánchez para abordar a "Axenda Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
O si do BNG a Sánchez inclúe a reforma do nó de Bombeiros e a transferencia da AP-9 a Galicia
Por Alejandro Espiño |