Casa 501, gañador da quinta edición do concurso Caldelas Tapas Quentes
Por Redacción
A proposta 'Outono 501' do establecemento Casa 501 foi designado como gañadora da quinta edición do concurso gastronómico Caldelas Tapas Quentes.
Así se desvelou este venres tras a apertura do sobre co veredicto do xurado, que o pasado mes de decembro probou as once propostas presentadas nesta ocasión ao certame.
O xurado estivo composto polo chef Pepe Vieira, a resposteira local Conchi Amoedo e pola hostaleira Ángeles Míguez 'Lita'.
"Encher Ponte Caldelas no mes de decembro é posible con iniciativas como esta, que dinamizan a hostelaría local" sinalou respecto diso o alcalde, Andrés Díaz.
Tras a proposta de inverno, Caldelas Tapas Quentes volverá organizarse o próximo mes de xullo coa que será a súa sexta edición.