Corujo, presidente de Aempe, e Goyo Revenga, de Ciudadanos, analizan os "accesos complicados" á cidade
Por Redacción
José María Corujo, Hermenegildo Rodríguez e Diana Pastoriza, presidente, tesoureiro e secretaria de Aempe, mantiveron un encontro con Goyo Revenga, representante na corporación local de Ciudadanos.
Durante o encontro falouse do peche por goteo do pequeno comercio da cidade e, segundo expuxeron os participantes neste encontro, esta situación débese aos malos accesos ao centro do municipio.
Neste sentido, Goyo Revenga considera que o comercio pontevedrés vese arrasado por malas comunicacións, accesos complicados e deficientes, ademais de graves problemas de mobilidade en Pontevedra.
O representante de Ciudadanos pide ao goberno bipartito adaptar o modelo de cidade ás necesidades da economía local para evitar que Pontevedra convértase nunha poboación dormitorio, deserta e insegura, onde "só queden xubilados e funcionarios".
Tamén reclama un transporte público eficiente e sinala que o actual modelo de cidade pode funcionar para os bares, pero non para os comercios.