A ludoteca municipal de Ponte Caldelas adapta o seu horario para facilitar a conciliación
Por Redacción
Facilitar o máximo posible a conciliación de vida familiar e laboral é o obxectivo do Concello de Ponte Caldelas. Por iso, a Ludoteca Municipal adaptará o seu horario para que os nenos que empregan o comedor escolar do colexio Manuel Cordo Boullosa poidan iniciar o horario de ludoteca ás 16.00 horas.
Foron varias as familias que trasladaron ao Concello a necesidade de modificar o horario, posto que o comedor escolar exténdese de 14.00 a 16.00 horas e a ludoteca iniciábase ás 16.30 horas.
Deste xeito, os menores que empregan o comedor escolar poderán acceder á ludoteca municipal sen esperas, e sen que as familias teñan que buscar solucións para esa media hora na que familiares, amigos ou veciños tiñan que facerse cargos dos seus fillos.
O novo horario implantarase o luns día 3 de febreiro. Deste xeito, os nenos estará de 16.00 a 20.00 horas ou poderán manter o actual horario, de 16.30 a 20.30 horas. O servizo de ludoteca municipal ofrécese de luns a venres en horario de tarde e dispón de 40 plazas para nenos empadronados, que se atopan completas. O custo para as familias é de 50 euros ao mes por neno por catro horas ao día.