Ponte Caldelas remata a primeira fase da mellora da estrada entre Anceu e Barbudo
Por Redacción
A primeira fase das obras de mellora da estrada que une os núcleos de Anceu e Barbudo xa está rematada, á espera de proceder ao pintado das liñas de delimitación dos dous carrís de circulación. Así o comunicou o Concello de Ponte Caldelas.
Os traballos consistiron na mellora da capa de rodadura e na instalación de drenaxes en varios puntos da estrada nos que brotaba auga, un feito que producía reiterados levantamentos do asfalto e que agora queda solucionado.
O goberno municipal espera poder impulsar a segunda fase desta obra nos vindeiros meses, executando nas mellores condicións todo o tramo desta vía municipal.
A primeira fase da mellora da estrada de Anceu a Barbudo, que foi executada en apenas tres meses, foi realizada pola empresa Construcciones Fechi SL por case 38.000 euros.
Relacionadas:
-
Adxudicada a segunda fase da mellora da estrada de Anceu a Barbudo
Por Redacción |
-
Humanizar a Avenida de Galicia e a estrada do Balneario son os grandes proxectos de Ponte Caldelas para o 2020
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas arromba a contorna da capela de San Vicente de Parada
Por Redacción |
-
Adxudicada a mellora da estrada de Anceu a Barbudo
Por Redacción |