O módulo para o comedor do colexio da Reigosa, listo para a chegada do alumnado
Por Redacción
O inicio do servizo de comedor no colexio da Reigosa, que atenderá a corenta nenos e nenas, está á espera de ter todos os informes favorables da Xunta de Galicia, pero a ANPA do centro segue a traballar para que todo estea preparado para ese día.
A asociación solicitou a colaboración do Concello de Ponte Caldelas para adecentar o interior do módulo, cuxas paredes presentaban varios furados.
Os operarios municipais taparon todos os estragos e pintaron en cor morada e branca as paredes interiores.
Nas paredes exteriores está previsto realizar unha limpeza con máquina hidrolimpadora, para mellorar a imaxe exterior do módulo.