A alerta laranxa obriga a pechar as Palmeiras, a Alameda e o Mirador de Monte Porreiro
Por Redacción
A alerta laranxa decretada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) obrigou á concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural a adoptar a decisión de pechar perimetralmente os parques cun arborado de grandes dimensións.
O concelleiro responsable da área Iván Puentes afirma que esta medida se adopta de maneira preventiva para evitar que un posible desprendemento das pólas das árbores afecte aos viandantes.
Os operarios do servizo de Parques e Xardíns sinalizou con valado e cinta de balizado as zonas verdes da Alameda, das Palmeiras e do Mirador da urbanización de Monte Porreiro.
O fenómeno adverso de nivel laranxa por vento e choiva afecta as provincias de Pontevedra, A Coruña e á zona da Mariña en Lugo desde a madrugada deste 16 de xaneiro. Ao longo desta xornada, a alerta tamén se ampliou ao centro de Lugo e ao noroeste de Ourense. Segundo as previsións, as precipitacións será intensas e persistentes, así como os refachos de vento que soprarán con forza ata alcanzar o 100 km/ h.
Na estación meteorolóxica de Xesteiras, en Cuntis, detectábanse 117,7 km/ h. ao mediodía deste jueve. En Cabo Udra, no municipio de Bueu, ascendía a 123 km/ h. Agárdase que, a últimas horas da tarde, o vento e as chuvias vaian moderándose.