As chuvias desaparecerán das Rías Baixas a partir do domingo
Por Redacción
Este venres, as Rías Baixas atópanse nunha situación intermedia entre a influencia anticiclónica e unha borras que se achega ao litoral polo Atlántico. Isto provocará que os ceos se atopen parcialmente nubrados coa posibilidade dalgún chuvasco illado. As temperaturas sufrirán un descenso moderado, situándose entre os 8 e os 12 graos, con ventos que soprarán moderados de compoñente oeste, segundo as previsións do servizo de Meteogalicia.
Durante a xornada do sábado 18, Galicia quedará afectada por ventos de compoñente sur. Os ceos permanecerán parcialmente nubrados con precipitacións durante a tarde na provincia de Pontevedra. As temperaturas manteranse entre os 7 e os 12 graos. O vento soprará forte de compoñente sur ata que cambie cara ao nordeste frouxo pola noite.
A partir do domingo, o nordés provocará un cambio en relación coas choivas dos últimos días. Os ceos manteranse con alternacia de nubes e claros, sendo máis despexados na metade sur de Galicia. As temperaturas moveranse entre os 6 e os 12 graos. Os ventos do nordés serán fortes no litoral e nas zonas altas.
Desde o luns ata o venres, Galicia quedará baixo a influencia das altas presións e o tempo será seco en xeral. As temperaturas ao longo da semana moveranse entre mínimas de 7 graos e máximas de 16.
Relacionadas:
-
O temporal de vento e choiva causa múltiples incidencias
Por Redacción | Creada e actualizada