Poio completa a mellora dos colexios Espedregada, Viñas e Chancelas
Por Redacción
Tres colexios de Poio realizaron diversas tarefas de mellora durante as vacacións de Nadal, obras que veñen de rematar nos últimos días. Son os centros de Espedregada (Raxó), Chancelas (Combarro) e Viñas (San Salvador).
A concelleira de Educación, Raquel Rodríguez, explicou que foron melloras que foran requiridas previamente polas ANPAS e polos responsables dos propios colexios.
Así, no CEIP Espedregada reparouse a calefacción e ampliouse a biblioteca. Outra tarefa realizada foi a mellora do chan da aula de psicomotricidades.
No CEIP Chancelas, os operarios remataron os labores de pintado tanto da planta baixa como da diferentes aulas.
Por último, no CEIP Viñas tamén se pintaron varias aulas e se habilitou unha nova superficie no chan das dependencias utilizadas polos nenos de Educación Infantil.
Raquel Rodríguez avanza que proximamente comezarán unha serie de melloras nas dependencias da escola infantil A Galiña Azul, situada na rúa Oliveira de San Salvador.