A Policía investiga o atraco nunha gasolineira por parte dun individuo armado cun coitelo de grandes dimensións
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional investigan un roubo con violencia nunha gasolineira da cidade de Pontevedra, cometido na noite do pasado día 30 de decembro.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, o atracador ocultaba o seu rostro cun casco e entrou no establecemento armado cun coitelo de grandes dimensións co que intimidou á traballadora e conseguiu subtraer o diñeiro que había na caixa.
Os axentes policiais do Grupo de Delitos contra as Persoas en estreita colaboración co Grupo de Prevención da Delincuencia da Comisaría de Pontevedra seguen varias liñas de investigación para esclarecer os feitos e identificar o autor do atraco.