O PP acusa á Deputación de levar a Pousada de Ribadumia ata o deterioro por "interese político e partidista"
Por Redacción
O Partido Popular acusa á Deputación de Pontevedra de ter "abandonada" a Pousada de Ribadumia durante cinco anos, "polo que é a responsable única da situación de deterioro do edificio e de que un proxecto pioneiro continúe pechado a cal e canto".
Nesta liña, o voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela recorda que "Carmela Silva leva gobernando cinco anos a Deputación, xa non ten a excusa de que acaba de chegar, e por suposto que é a máxima responsable de que o edificio teña este deterioro".
Segundo o voceiro do PP, "calquera edificación en desuso durante tanto tempo e sen mantemento de ningún tipo estaría nas mesmas condicións".
Por iso, considera "unha desfachatez que a presidenta vaia ata Ribadumia para sacarse unha foto diante da Pousada cando non fixo absolutamente nada en cinco anos, ao contrario, encargouse de ter o proxecto paralizado, atendendo a razóns políticas e non ao interese xeral dos veciños".
Ademais, critica que "van facer un gasto de 150.000 euros que podería terse evitado se Carmela Silva puxese a funcionar a Pousada de Ribadumia desde o inicio", e asegurou que "se non se puxo foi exclusivamente pola inacción e falta de xestión do equipo de goberno, cunha clara intencionalidade política".
Por iso, para o popular, "a Pousada de Ribadumia reflicte perfectamente o que supón o Salnés para o PSOE da Deputación, unha comarca totalmente abandonada na súa xestión".
Relacionadas:
-
Carmela Silva espera que este ano "termine este calvario da Pousada de Ribadumia"
Por Oskar Viéitez |
-
Adxudicado o contrato para pavimentar e dotar de servizos a contorna da Pousada de Ribadumia
Por Redacción |
-
Deputación remata coa "auténtica desfeita" das Pousadas da Lanzada e Armenteira e entrégaas a Arlea Hotels
Por Oskar Viéitez |
-
Deputación remata coa "auténtica desfeita" das Pousadas da Lanzada e Armenteira e entrégaas a Arlea Hotels
Por Oskar Viéitez |