O Pazo Besada acollerá unha biblioteca, un aula de estudo, un espazo para maiores e o CIM
Por Redacción
A reforma do Pazo de Besada será financiada a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra. O Concello de Poio decidiu incluir este proxecto entre as actuacións a impulsar a través desta liña de axudas que vén promovendo cada ano o Goberno provincial desde hai xa case cinco anos.
O tripartito, formado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), PsdeG - PSOE e Avante Poio, xa ten redactado o proxecto, que será remitido á Dirección Xeral de Patrimonio para que reciba o visto e prace.
Trátase dun requisito indispensable para poder facer realidade esta actuación, que é un dos puntos que figura no pacto de Goberno asinado polas tres formacións de esquerdas o pasado mes de xuño.
A mellora destas emblemáticas instalacións, situadas na parroquia de San Salvador, son necesarias para cumplir cunha das metas que o Goberno local quere facer realidade neste mandato: o traslado a este emprazamento de boa parte dos servizos que se prestan na Casa Rosada.
Aínda que actualmente o Pazo de Besada xa acolle diferentes iniciativas formativas e lúdicas (as que impulsa, por exemplo, a Concellería de Xuventude), o Concello entende que a actuación servirá para mellorar a oferta.
Deste xeito, o proxecto contempla que na planta baixa se habilite un área para Servizos Sociais, que incluiría espazos para persoas maiores, onde terían ocasión de participar en diferentes actividades nunhas instalacións acondicionadas para ese fin. Ademais, tamén se habilitarán despachos administrativos e acollerá o Centro de Información á Muller.
Con respecto ao andar superior, o Concello contempla habilitar alí unha sala de lectura, que complementaría o servizo que presta a biblioteca municipal, situada en Campelo, así como un aula de estudo, que permanecería operativa en horario de mañá e de tarde, así como as fins de semana.
CASA ROSADA
Polo que respecta á Casa Rosada, estas dependencias municipais continuaán sendo un referente, posto que se seguirían organizando actividades e se abrirá a dispoñibilidade de empregarse para diferentes reunións, obradoiros e cursos e, ademais, o Goberno local estudará a posibilidad de habilitar alí locais de ensaio.
O coste aproximado para poder desenvolver este proxecto a través do Plan Concellos calcúlase que será de 450.000 euros aproximadamente.
Relacionadas:
-
O pleno de Poio definirá o Pazo de Besada coma equipamento público para usos de servizos sociais e culturais
Por Redacción |
-
Prevén que a remodelación do Pazo Besada comece a principios de 2021
Por Redacción |
-
O PP esixe actuacións para garantir a seguridade no Parque de Ánkar e o Pazo Besada
Por Oskar Viéitez |
-
BNG, PSOE e Avante asinan o pacto de goberno en Poio
Por Oskar Viéitez |