O PSOE propón ao Concello de Cerdedo-Cotobade que poña en marcha o Bono Taxi
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Socialista no Concello de Cerdedo-Cotobade busca implantar unha tarxeta bono-taxi da que se poidan beneficiar persoas que cumpran certos requisitos como estar empadroados no concello, afectados por unha discapacidad ou atoparse nalgunha situación que dificulta o desprazamento.
O PSOE de Cerdedo-Cotobade con esta iniciativa busca facilitar a conciliación familiar e laboral da veciñanza.
Segundo din os socialistas, a poboación do concello "ve como cada día se encarecen os servizos públicos polas propias características do municipio: escasez de transporte público, un territorio moi amplio, gran dispersión xeográfica… polo que vemos necesario crear unhas axudas para que os nosos veciños poidan realizar uns servizos mínimos".
A voceira socialista, Lina Garrido insta ao alcalde, Jorge Cubela, e á corporación municipal, "a que non lle sigan dificultando a vida aos nosos maiores ou as personas con mobilidade reducida e propoñan solucións para este problema de transporte".