Terras de Pontevedra venderase en Fitur como destino turístico familiar
Por Oskar Viéitez
A Mancomunidade Terras de Pontevedra contará en Fitur 2020 cun espazo destacado dentro da oferta que a comunidade galega exhibirá nesta Feira, dispoñendo dun mostrador propio no que dará a coñecer a tódolos visitantes os extraordinarios recursos do destino turístico a través dunha renovada imaxe de material promocional.
A delegación pontevedresa, encabezada pola concelleira de Promoción Económica Yoya Blanco, desprazarase ata a Institución Ferial de Madrid (Ifema) os días 22 e 23 de xaneiro para presentar, entre outras iniciativas que "permitirán consolidar a Pontevedra como destino turístico familiar", unha nova liña de folletos e tarxetóns "cun formato de banda deseñada distintivo".
Ademáis Terras de Pontevedra presentará neste punto de encontro de profesionais nacionais e internacionais do turismo unha nova web que optimiza a experiencia do usuario e unha app centrada no produto estrela: a arte rupestre.
O repertorio de material promocional que a Mancomunidade distribuirá en Fitur inclúe uns 4.000 folletos. Asemade, repartiranse mapas de arte rupestre e uns tarxetóns que permiten descargar os folletos mediante códigos QR.
Relacionadas:
-
A gastronomía e a arte rupestre, intereses dos asistentes a FITUR sobre Pontevedra
Por Redacción |
-
O paraíso natural das Rías Baixas sorprende en FITUR
Por Redacción |
-
Máis de 30 empresas turísticas de Sanxenxo desembarcan en FITUR
Por Redacción |
-
Catro fotografías de premio para promocionar ás Terras de Pontevedra
Por Redacción |