As bandas do Local de Música falan dos seus proxectos
Por Redacción
O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña inaugurou este sábado unha "Convivio musical" organizada polo Local de Música de Pontevedra na súa sede de Otero Pedrayo no que se xunta á escena musical pontevedresa para debater e presentar a novas bandas e proxectos de futuro.
Con 12 anos ás súas costas, o Local de Música de Pontevedra recibiu a centos de proxectos de miles de persoas de distintas xeracións.
Na convivencia desta fin de semana preténdese dar voz á mocidade que ensaia no Local para que presenten os seus proxectos que serán debatidos neste encontro. E exporase cal será o calendario de actividades do ano 2020.
Pola tarde, os asistentes teñen previsto gravar vídeos de cancións en directo de varias novas bandas da cidade, dentro do proxecto "Rock&Lérez" do propio Local.