Comezan os traballos de creación do segundo parque forestal de Pontevedra: A Tomba
Por Redacción
A Xunta de Goberno aprobou esta semana o reinicio do contrato de acondicionamento do parque forestal da Tomba, na parroquia de Campañó, logo de ter recibido o informe de arqueolóxica preceptivo.
As obras están en marcha dende a pasada semana por un orzamento de 372.254 euros a cargo da empresa Elsamex, adxudicataria dos traballos que se prolongarán durante 12 meses.
O futuro parque forestal da Tomba ocupará 62 hectáreas e contará con 17 quilómetros de sendas, delas 1,1 km poderán ser transitadas por coches e 15,9 serán para peóns e de convivencia (segundo os tramos) con ciclistas de paseo.
Terá plantacións de especies autóctonas: 22 hectáreas de souto, 20 hectáreas de frondosas (castiñeiros e carballos) 3 hectáreas de oliveiras e 15 hectáreas de bosque mixto.
Na parte alta terá un miradoiro sobre Pontevedra.
Relacionadas:
-
Comeza a replantación do parque da Tomba con 25.000 novos exemplares de árbores
Por Redacción |
-
O parque forestal da Tomba estará acondicionado en decembro
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello axudará ás comunidades de montes a elaborar os seus plans de ordenación
Por Oskar Viéitez |
-
Nove propostas para acondicionar o novo parque forestal da Tomba
Por Redacción |
-
Os traballos para acondicionar o parque forestal da Tomba durarán ata 2020
Por Alejandro Espiño |