Arden dous coches de madrugada na avenida da Porteliña
Por Oskar Viéitez
O lume calcinou completamente un vehículo estacionado na Porteliña. As lapas afectaron a un segundo turismo aparcado á beira e que sufriu considerables danos no maleteiro.
O suceso tivo lugar sobre as 1.30 horas da madrugada do sábado.
Os bombeiros de Pontevedra sufocaron o incendio orixinado nun dos vehículos, o que resultou peor parado. Manéxase a hipótese dun posible fallo eléctrico.
Por seguridade e para facilitar os traballos de extinción cortouse ao tráfico este tramo urbano da PO-308 reabríndose á circulación rodada unha vez que se limpou a vía.