Un camión perde dúas rodas mentres circula pola AP-9 e obriga a cortar un carril varias horas
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Un carril da autoestrada AP-9 ao seu paso por Pontevedra tivo que cortarse durante varias horas por mor dun incidente relacionado cun camión en circulación.
Segundo informou a Garda Civil, ao camión saíronselle dúas rodas do eixo traseiro mentres circulaba pola AP-9 no punto quilométrico 129:500, á altura da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
O suceso tivo lugar ás 11.30 horas deste luns e desde entón permanece cortado o carril dereito da AP-9 sentido A Coruña ata pasadas as tres da tarde. Unha vez subsanada a avaría mecánica do camión, quedou restablecido o tráfico rodado.
Non se viron afectados outros vehículos, segundo confirman desde a Garda Civil, que está a regular a circulación na zona.