Eucaliptos, pinos e xestas para embelecer a fábrica de ENCE
Por Oskar Viéitez
Materia propia. Ese é o nome do proxecto arquitectónico que resultou vencedor no Concurso de Ideas a nivel de Anteproxecto para a Integración Arquitectónica e Paisaxística do Centro de Operacións de Ence en Lourizán.
O xurado cre que este deseño, asinado polos arquitectos valencianos Marta Orts e Carlos Trullenque, é o que "mellor recolleu llos criterios e necesidades mencionados nas bases do concurso, resolvendo con claridade, de forma axeitada e sostible o obxectivo de integración da fábrica na paisaxe".
O proxecto arquitectónico desenvolverase sempre que as condicións administrativas o permitan, explicou o Director de ENCE Pontevedra, Antonio Casal.
Materia Propia propón unha importante masa vexetal que minora o tamaño da factoría e tamén se avoga por unha unificación do tratamento cromático. Para o xurado a dificultade está en plantar a gran masa de arboredo proposta en Ence. Concretamente propóñense especies como eucaliptos, piñeiros e xestas.
A proposta combina actuacións paisaxísticas e construtivas que afrontan o problema da integración dende unha perspectiva global que supera enfoques exclusivamente visuais, é unha "Inteligente simbiose entre o colector e o contido. O estudo da vexetación interior é de entre todas as propostas o máis fundamentado".
Antonio Casal, sinalou que é prematuro para fixar un presuposto co que custará desenvolver este deseño gañador, mesmo foi remiso a falar de prazos, pois dixo que estarán moi supeditados os tempos á redacción dun proxecto definitivo e sobre todo á obtención de todos os permisos necesarios.
Relacionadas:
-
Arregui (ENCE): "Lo que hacemos no molesta ni daña a nadie. ¿Por qué nos tenemos que ir si cumplimos la ley?"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Antonio Casal (ENCE): "No entiendo la razón de esta obsesión por decir que somos igual que hace 30 años"
Por Natalia Puga |
-
Propoñen construír unha montaña rusa para tapar ENCE... e outras cen ideas máis
Por Oskar Viéitez |
-
O director de ENCE: "A fábrica condenada hai 19 anos e a fábrica de hoxe non se parecen"
Por Oskar Viéitez |