Dezaoito hortas urbanas de Sequelo quedan sen adxudicar por falta de solicitudes
Por Redacción
O Concello de Marín ofertaba 72 hortas urbanas en Sequelo e só se recibiron 54 solicitudes para explotar estas leiras durante o próximos catro anos. Este luns pechábase o prazo para presentar a petición de parcela e ao quedar 18 sen demanda, o resto de espazos adxudicaranse de maneira directa durante o sorteo previsto para o vindeiro luns 27 de xaneiro.
Nesta nova oferta de leiras, o prazo de explotación ampliouse de dúas a catro anos, segundo indica o goberno local.
A concelleira responsable desta área, Marián Sanmartín, indicou este luns que aquelas persoas que xa estivesen a traballar unha parcela poderán recuperala para continuar co traballo que desenvolvían desde hai dous anos.
En canto aos novos solicitantes poderán escoller a parcela que máis lles interese das que queden baleiras. O goberno local de Marín fomenta esta iniciativa para ofrecer lecer sustentable e unha posibilidade de promover a agricultura ecolóxica.