O Carlos Oroza sorprende co seu vermú de camelia
Por Oskar Viéitez
O alumnado e o profesorado do centro de formación Carlos Oroza pretende sorprender este mércores ofrecendo un vermú de camelia ao público que acuda á caseta que a Xunta instalou en Fitur.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asegura que "está buenísimo" e espera que esta nova proposta descubra ao gran público as potencialidades da flor da camelia, máis aló das coñecidas como o té ou os aceites.
Trátase dun vermú artesán que ten como ingredientes: un viño branco da Denominación de Orixe Rías Baixas, alcol neutro, azucre, herbas aromáticas da horta do Carlos Oroza e a camelia Dazzler deshidratada.
Envasárono en botellíns de 70 mililitros e ten unha gradación alcohólica do 15,4º.