A veciñanza de Parada volve amosar a súa devoción na romaría de San Vicente
Por Redacción
Este mércores 22, o lugar de Parada, no Concello de Ponte Caldelas, celebrou a tradicional romaría de San Vicente, unha festa popular e relixiosa que conta con moito seguimento.
A xornada propiciou que se achegasen numerosas persoas ata a capela a través dos camiños de Xustáns e Taboadelo. O alcalde Andrés Díaz tamén asistiu a esta cita e formou parte da procesión na que mulleres devotas portan a figura de San Vicente. A animación musical correu a cargo do grupo tradicional 'Os Centellas'.
O vindeiro domingo 26 de xaneiro terá lugar o San Vicente Pequeno coa celebración dunha misa, animación musical e postos de venda de produtos típicos como o polbo ou a orella de porco.