Implantar o teletraballo, proposta do PP para que se concilie na Deputación de Pontevedra
Por Redacción
O Partido Popular quere que na Deputación se estableza a modalidade voluntaria de teletraballo naqueles departamentos nos que sexa posible para facilitar a conciliación laboral e familiar do persoal.
Jorge Cubela, portavoz do grupo popular, mantivo un encontro con representantes de Comisións Obreiras, UXT e CSIF na Deputación e manifestou que o teletraballo é unha das medidas que se están impulsando tanto en empresas como en administracións xa que se trata dunha medida de futuro a curto prazo. Por este motivo pide á Deputación que como administración pase a ser un exemplo e modelo a seguir.
Neste sentido, expoñen os populares, as centrais sindicais tamén coinciden con esta petición. De feito, Comisións Obreiras propuxera un proxecto destas características para o Oral no ano 2014, que coa entrada do goberno bipartito quedou nun caixón. Nas alegacións dos sindicatos aos últimos presupostos tamén se solicitaba o teletraballo.
Os populares entenden que hai traballos que se poden desenvolver fóra das oficinas provinciais empregando as novas tecnoloxías. A eficiencia, segundo apuntan, mediríase coa consecución de obxectivos e ademais reduciríanse custos fixos. Tamén consideran que traballar desde casa facilita a compatibilidade de horarios, promove a motivación e mesmo o aforra de tempo e de diñeiro ao evitar desprazamentos.