Comerciantes da Parda piden a creación de estacionamentos de servizos no barrio
Por Redacción
Nos próximos días, o Concello habilitará prazas de estacionamento reservadas para servizos no barrio da Parda. É o compromiso ao que chegou o goberno municipal cos comerciantes.
Foi no encontro que, a petición dos propios comerciantes, mantivo o concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, con eles para coñecer as súas demandas.
Segundo traslada o propio Concello, o principal punto da reunión foi a petición de prazas de estacionamento de servizos nas rúas Juan Carlos I, Pintor Laxeiro ou Abundancia, xa que os comerciantes entenden que permitirá mellorar a oferta comercial no barrio
O concelleiro recolleu as suxestións e trasladou aos servizos técnicos a petición.
Ademais, Demetrio Gómez recomendoulles crear unha asociación de todo ese ámbito para poder ter unha interlocución fluída co Concello, de tal xeito que poida coñecer as súas necesidades en tempo e forma.