Un traballador resulta ferido ao caer dun tellado de Moraña no que descargaba material
Por Redacción
Un operario resultou ferido na mañá deste xoves nun accidente laboral rexistrado nunhas instalacións deportivas situadas á beira da PO-221, no concello pontevedrés de Moraña.
O sinistro ocorreu ás 10.00 horas deste xoves, cando o home caeu dun tellado cando traballaba descargando material.
Como consecuencia da caída, o operario sufriu diversas lesións na cabeza e pescozo, polo que foi evacuado ao Hospital de Montecelo de Pontevedra.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, recibiron a alerta a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa enviaban medios ao lugar do accidente para atender ao ferido que, a pesar da caída, estaba consciente.
O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitou o apoio dos axentes da Policía Local, así como dos axentes da Garda Civil para aclarar as circunstancias deste accidente laboral.