A orquestra Trébol, principal atractivo das festas de San Gregorio de Raxó en marzo
Por Redacción
A Comisión de Festas de Raxó afronta unha nova edición das festas de San Gregorio, que este ano se celebrarán os días 14 e 15 de marzo e terán como un dos seus principais atractivos a actuación da orquestra Trébol, unha das de maior proxección de Galicia.
Desde a comisión explican que os festexos empezarán o sábado 14 de marzo cun Salva de Bombas e pasarrúas pola parroquia a cargo de Vides Novas e a Escola Tradicional.
Ás 12.00 horas do sábado celebrarase a misa solemne cantada por un coro e a continuación haberá procesión acompaña pola Banda de Gaitas e Tambores.
Para pechar a xornada do sábado, a programación inclúe a actuación das orquestras Trébol e Pontevedra a partir das 21.00 horas.
Xa o domingo, será a quenda da Festa Infantil de San Gregorio. O mestre de cerimonias será o animador Javi Solla e desde a comisión animan ás familias para levar ao máis pequeno da casa.
As festas de San Gregorio serán a primeira gran festa do ano en Raxó e en Poio en xeral e a comisión de festas anima a toda a veciñanza do municipio e doutros puntos da provincia para acudir á parroquia.
Relacionadas:
-
San Gregorio réndese ao furor do 'satisfyer'
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello de Poio creará unha liña de subvencións para os eventos festivos e culturais
Por Oskar Viéitez |
-
A festa de San Gregorio de Raxó incluirá verbena e festa infantil
Por Redacción |
-
Raxó recupera as súas raíces e retoma a festa de San Gregorio
Por Redacción |