CCOO alerta de que os recortes en sanidade acelerarán a morte dos pensionistas
Por Alejandro Espiño
"Habrá gente que no podrá comprar medicamentos y eso va a influir muy gravemente en su salud". Así de rotundo mostrouse o secretario comarcal da Federación de Xubilados e Pensionistas de CC.OO, José Mato. Minutos antes de ser reelixido para os próximos catro anos, explicou a PontevedraViva que os recortes aplicados polo Goberno central en materia sanitaria, deixa nunha situación "gravísima" aos pensionistas coas rendas máis baixas.
"Las defunciones se pueden acelerar, ya que esta gente no podrá sufragar los medicamentos que necesitan para que su vida se alargue", dixo José Mato, quen considera que moitos terán ata que elixir "entre medicarse o alimentarse".
E foi ata máis aló. "Es volver a pagar lo que hemos pagado toda la vida", denunciou. "Casi todo el mundo paga sus impuestos y de ellos el Estado sufraga la sanidad. Ahora pagamos dos veces. Es una injusticia total". Neste sentido, espera que o Goberno rectifique, xa que "toda la izquierda política está contra esto" e insistiu en que "hay que echarlo para atrás como sea".
Outra das cuestións que preocupan aos pensionistas afiliados a Comisións Obreiras é saber que ocorrerá coa actualización das súas prestacións. "Esperemos que no las toquen en el sentido de retrotraernos para atrás", dixo Mato, ao recordar que a previsión de aumentar un 1% en 2012, quedou "claramente insuficiente" ante a suba do IPC, xa nun 3,5%. "La diferencia habrá que abonarla, ya que si no perderemos poder adquisitivo".
Iso si, José Mato cre que o resultado electoral deste domingo en Galicia influirá na decisión sobre as pensións. E iso terá contestación, asegura. "Los recortes en educación o sanidad no son aceptables. Es terrible lo que está pasando y la gente se revuelve contra eso", dixo, recordando a inminente convocatoria de folga xeral, acordada por UGT e Comisións Obreiras para o próximo 14 de novembro.