Seixo prepárase para a décima edición da Carreira Popular do Truco
Por Redacción
A parroquia marinense de Seixo acollerá, con motivo da Romaría de San Blas, a décima edición da Carreira Popular do Truco este próximo domingo 2 de febreiro.
Este luns a concelleira de Turismo Cristina Acuña presentaba a carreira acompañada por representantes de Acemas. A proba iniciarase na Casa de Cultura de Seixo a partir das 11.00 horas con carreiras de escolares. Ás 11.25 horas está prevista a saída da camiñada de adultos que percorrerán espazos como a praia de Loira ou a subida ao Monte Sobareiro.
Ás 11.45 horas chegará a carreira para adultos, que se iniciará no cruzamento do vial de praias con Gagos de Mendoza e que se desenvolverá ao longo de 7,5 quilómetros ata a chegada a Portocelo. A meta establécese na Casa de Cultura de Seixo e haberá unha chocolatada para todas as persoas asistentes.
A inscrición para a proba é gratuíta e pódese realizar durante o día da carreira. A organización realizará unha Operación Quilo de recollida de alimentos non perecedoiros para doalos ás asociacións benéficas de Marín.