Parada sae ao rescate de San Vicente Pequeno
Por Redacción
A veciñanza de Parada está inmersa no reto de recuperar a tradicional romería de San Vicente Pequeno, que cada ano se celebra o primeiro domingo despois do día 22 de xaneiro, festividade de San Vicente.
Antigamente esta romería de San Vicente Pequeno congregaba a centos de persoas arredor da capela. Alí pasaban o día tocando intrumentos tradicionais e bailando nunha gran xornada de confraternidade.
A comisión de festas contratou un dúo para animar a tarde e foron varios os músicos locais que acudiron cos seus instrumentos para 'facer festa'.
Pola mañá houbo misa solemne ás 13.00 horas e instalouse unha carpa para acoller un xantar tradicional no que había pulpo e orella ao estilo feira.