Ata 100.000 euros de multa por verteduras ilegais
Por Redacción
A Policía Local de Poio mantén abertas as pesquisas para tratar de localizar aos responsables dos verteduras ilegais detectadas nos últimos días en diferentes emprazamentos do municipio.
O corpo de seguridade municipal fai un chamamento á cidadanía para que non dubide en poñerse en contacto coas autoridades en caso de que localicen algún foco de lixo ou sexa testemuña dalgunha actuación sospeitosa neste sentido, especialmente nas zonas do rural, que son onde se producen a maioría destas prácticas ilegais.
Ao longo do ano 2019 tramitáronse unha ducia de denuncias por este tipo de procedementos. Os axentes identificaron a boa parte dos responsables, incluido ao propietario dun taller de reparacións coma autor dun verquido de baterías e partes de defensa de automóbiles.
O xefe da Policía Local, Antonio Duarte, lembra que as sancións económicas ás que deben facer fronte os responsables destes verteduras poden chegar ata os 100.000 euros nos casos máis graves. Precisamente, a gravidade depende de diferentes factores, como o tipo de residuo en cuestión e o lugar onde se depositan.
Considérase unha infración grave arroxar lixo en espazos protexidos. Ademais, tal e como explica Duarte, "é moito máis prexudicial para o medio ambiente o abandono de rodas e neumáticos que outros tipos de resiudos, polo que a multa tamén é maior". En 2019 detectáronse tres verteduras deste tipo. Ademais, o máximo responsable do corpo de seguridade poiense advierte dos custes que supón para o Concello a retirada destes elementos, nos que se inclúen tanto a propia recollida como o tratamento axeitado dos verteduras.
As dous últimas verteduras localizadas pola Policía Local foron achados en Campelo e Fragamoreira, onde se detectaron restos de automóbiles e rodas, ademais doutros residuos. O Concello de Poio lembra que desde mediados de xaneiro a veciñanza ten a oportunidade de utilizar, de xeito gratuito, o Punto Limpo Móbil, no cal poden depositar residuos que van desde mobles, madeira, chatarra, aparellos electrónicos, restos de cartón e papel e roupa ata pilas e cartuchos de impresoras.
Ademais, o Concello tamén dispón dun servizo de recollida de voluminosos, para elementos de gran tamaño, cunha frecuencia quincenal previa chamada ao teléfono 986 771 185. O horario de atención ao público é de 9.00 a 13.00 horas, de luns a venres.
Con respecto ao Punto Limpo Móbil, a partir deste martes quedará habilitado na Praza Alfredo Romay (Samieira) ata o mércores, mentres que xoves e venres estará en Raxó, concretamente na Rúa Leopoldo Nóvoa, entre as 10.00 e as 14.00 horas.
Relacionadas:
-
Máis de 30 residentes en Poio utilizaron en xaneiro o Punto Limpo Móbil
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio busca os autores de varias verteduras ilegais
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Un punto limpo móbil percorrerá todas as parroquias de Poio
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Investigan tres novas verteduras de pneumáticos en Poio
Por Oskar Viéitez |