Pontevedra amosa o seu pesar e a súa indignación polo crime machista da Pastoriza
Por Redacción & Cristina Saiz
Nin a choiva logrou frear a indignación que, tamén na cidade de Pontevedra, percorre Galicia tras o último asasinato machista na comunidade, ocorrido o pasado sábado na localidade lucense da Pastoriza.
Numerosas persoas concentráronse onte á noite ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, convocadas polo Colectivo Feminista de Pontevedra, para mostrar a súa repulsa ante este crime e renovar o seu compromiso pola loita contra todas as violencias machistas.
As asistentes volveron a reclamar máis medidas para poñer fin a esta secuela e reiteraron que a sociedade non pode permitirse que "nin unha máis" das súas mulleres siga sendo vítima desta intolerable situación.
A muller asasinada na Pastoriza, Manuela Iglesias de 79 anos, é a sexta vítima mortal da violencia machista, a primeira en Galicia.